Televisión de Galicia/Área Pública entrevista o ex-presidente colombiano Álvaro Uribe

Autor

Televisión de Galicia, España / http://www.crtvg.es/

Nela amosou o absoluto rexeitamento ao proceso de paz que o actual goberno do país negocia coas FARC

O ex presidente de Colombia Alvaro Uribe amosou nuha entrevista coa TVG o absoluto rexeitamento ao proceso de paz que o actual goberno do país negocia coas FARC. Segundo Uribe, a impunidade para os guerrilleiros vai xerar máis violencia. Escoitamos un pequeno anaco da entrevista, que esta tarde poderán ver completa na Área Pública.

"Os dirixentes non vai ir á cadea. Nós non pedimos prisión para as bases das FARC, pero os responsables dos delitos de lesa humanidade, do secuestro de nenos, das violacións de nenas, dos camións bomba, das masacres... Deben ir á cadea", dixo o ex-presidente colombiano".

Publicado en Televisión de Galicia /www.crtvg.es